CAAMAÑO & AMEIXEIRAS presentan una nueva lectura de ‘Soy Rebelde’

El dúo gallego revisita la composición de Manuel Alejandro, interpretada originalmente por Jeanette en un escenario excepcional: el órgano de la Universidad de Santiago.
Hay canciones que no recordamos haber aprendido: simplemente siempre estuvieron ahí.
Soy Rebelde es una de ellas. Una canción que nos acompaña desde hace tiempo, casi sin pretenderlo. Y el órgano de la Iglesia de la Universidad de Santiago de Compostela nos pareció un lugar bonito desde el que volver a habitarla.
La canción dibuja un tipo de “rebeldía íntima”: no una rebeldía épica ni combativa, sino una que nace de la vulnerabilidad, de la soledad y del deseo de encontrarse a una misma en un mundo que a veces no comprendemos.
Y quizás por eso nos emocionó escucharla de esta manera: desnuda, frágil y enorme al mismo tiempo.
Así nació esta versión. Espontánea, orgánica, libre. Rebelde.
Sabela Caamaño & Antía Ameixeiras
Sabela Caamaño (acordeón cromático) y Antía Ameixeiras (violín y voz) forman Caamaño & Ameixeiras, un dúo gallego ligado a la música y al baile de raíz. Desde su nacimiento, en 2018, este dúo cuenta con una intensa trayectoria, tanto a nivel nacional como internacional. Tomando como punto de partida la tradición, el dúo consigue crear un lenguaje propio y único, con composiciones y arreglos personales y vivos que mantienen la esencia de lo popular incorporando recursos contemporáneos y situando la emoción en primer plano.
Después del éxito cosechado con su primer trabajo discográfico, Aire! (Segell Microscopi, 2021) (Premio Martín Códax da Música 2021 en la categoría de Folk, 1º Premio en el Folkez Blai 2021 (Ermua, País Vasco), Premio Opinión da Música de Raíz ao disco do ano 2021), producido por el reconocido músico burgalés Diego Galaz y con colaboraciones tan destacadas como la de Sílvia Pérez Cruz o Fetén Fetén, el dúo lanza en octubre de 2023 su segundo álbum.
En Quitar o aire (Raso Estudio, 2023), con Hevi (Malandrómeda) a los mandos de la producción, Caamaño&Ameixeiras resignifican y actualizan los códigos de la música de raíz, dando un volantazo a su sonido, elevando la mística y la profundidad y llevando la sonoridad de la tradición gallega e ibérica a la virulencia de planos más frontales y de músicas que se salen de los márgenes de los géneros.

PRÓXIMOS CONCIERTOS
19/11 CONCIERTO EN LA BIBLIOTECA TORRENTE BALLESTER (Salamanca)
11/12 “ESPAÑA EN PARÍS” EN EL MUSEO DEL LOUVRE (París)
CAAMAÑO & AMEIXEIRAS presentan unha nova lectura de ‘Soy Rebelde’
O dúo galego revisita a composición de Manuel Alejandro, interpretada orixinalmente por Jeanette nun escenario excepcional: o órgano da Universidade de Santiago.
Hai cancións que non lembramos ter aprendido: simplemente sempre estiveron aí.
Soy Rebelde é unha delas. Unha canción que nos acompaña dende hai tempo, case sen pretendelo. E o órgano da Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela pareceunos un lugar bonito dende o que volver habitala.
A canción debuxa un tipo de “rebeldía íntima”: non unha rebeldía épica nin combativa, senón unha que vén da vulnerabilidade, da soidade e do desexo de atoparse a unha mesma nun mundo que ás veces non comprendemos.
E quizais por iso emocionounos escoitala deste xeito: espida, fráxil e enorme ao mesmo tempo.
Así naceu esta versión. Espontánea, orgánica, libre. Rebelde.
Sabela Caamaño & Antía Ameixeiras
Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño & Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e ao baile de raíz. Dende o seu nacemento, en 2018, este dúo conta cunha intensa traxectoria, tanto a nivel nacional como internacional. Tomando como punto de partida a tradición, o dúo consegue unha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos e situando a emoción no primeiro plano.
Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo discográfico, Aire! (Segell Microscopi, 2021) —Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, 1º Premio no Folkez Blai 2021 (Ermua, País Vasco), Premio Opinión da Música de Raíz ao disco do ano 2021—, producido polo recoñecido músico burgalés Diego Falaz e con colaboracións tan destacadas como a de Sílvia Pérez Cruz ou Fetén Fetén, o dúo lanza en outubro de 2023 o seu segundo álbum.
En Quitar o aire (Raso Estudio, 2023), con Hevi (Malandrómeda) aos mandos na produción, Caamaño&Ameixeiras resignifican e actualizan os códigos da música de raíz, dando un xiro ao seu son, elevando a mística e a profundidade e levando a sonoridade da tradición galega e ibérica á virulencia de planos máis frontais e de músicas que saen das marxes dos xéneros.